InicioOccidentalViveiroViveiro anuncia canles e plataformas que difundirán a información do programa 'Descubre...

Viveiro anuncia canles e plataformas que difundirán a información do programa ‘Descubre Viveiro’

“É un proxecto moi ambicioso e adaptado ás novas tecnoloxías para dar a coñecer o noso concello, un lugar con todos os servizos necesarios para vivir todo ano nunha contorna natural privilexiada”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro lembra que xa está en marcha o programa ‘Descubre Viveiro’, unha iniciativa de promoción turística que ofrece información sobre paseos e rutas de sendeirismo, así como unha gran cantidade de material gráfico e audiovisual sobre distintos puntos de interese.

“É un proxecto moi ambicioso e adaptado ás novas tecnoloxías para dar a coñecer o noso concello, un lugar con todos os servizos necesarios para vivir todo ano nunha contorna natural privilexiada”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.

A iniciativa busca dar a coñecer os espazos paisaxísticos, rutas, paseos e lugares máis destacados do municipio. Deste modo, ‘Descubre Viveiro’ ofrece nos seus perfís de Instagram, TikTok, Youtube e Wikiloc diferentes rutas e información sobre a vila. Ademais, difundirase o material desta campaña a través do Facebook de Viveiro Turismo.

De forma progresiva daranse a coñecer rutas e paseos virtuais, así como vídeos de zonas urbanas e de espazos naturais. Ademais deste material, cada unha da rutas ou paseos contará con folletos, trípticos e tracks do percorrido, entre outra información.

Tanto os visitantes como a cidadanía poden obter información sobre os recursos turísticos de Viveiro a través destas plataformas e incluso visualizar previamente as rutas propostas.

A campaña une baixo o selo “Descubre Viveiro” unha gran cantidade de información turística, especialmente a través de rutas e paseos, co valor engadido de poder consultar ao mesmo tempo folletos ou visualizar vídeos sobre o percorrido.

Instagram: https://www.instagram.com/descubreviveiro/

Wikiloc: https://es.wikiloc.com/wikiloc/user.do?id=10788072

Youtube: https://www.youtube.com/channel/UCIYsgbXkVHHsg6SFM4HJv5g/featured

TikTok: https://www.tiktok.com/@descubre_viveiro?lang=es

Facebook: https://www.facebook.com/turismoviveiro

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...