InicioOccidentalViveiroO BNG de Viveiro pide un pleno sobre o ensanche do vial...

O BNG de Viveiro pide un pleno sobre o ensanche do vial de Campo de Verdes

O BNG preguntou no mes de abril se era posible a modificación puntual das normas urbanísticas actuais para poder abrir novos pasos ou ampliar os existentes.

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Viveiro levou ao pleno de xuño a petición de veciños da zona de Campo de Verdes sobre a urxencia de ensanchar o vial que vai cara as súas vivendas. Segundo o grupo municipal nacionalista, a veciñanza sinala que o acceso ás súas vivendas impide o paso de camións de bombeiros e ambulancias medicalizadas, entre outros servizos públicos vitais e necesarios.

O BNG preguntou no mes de abril se era posible a modificación puntual das normas urbanísticas actuais para poder abrir novos pasos ou ampliar os existentes. Os nacionalistas sinalan que “a resposta que se lle deu por parte do goberno de María Loureiro foi que non era posible unha modificación e que habería que agardar á aprobación do PXOM”.

Segundo o BNG viveirense “a realidade é que levamos esperando pola aprobación do PXOM once anos e o mes pasado coñecíamos outro novo atranco, xa que o informe sectorial da AXI veu denegado”. Para a formación nacionalista isto supón “un atraso considerable no tempo co consecuente risco de perder outros informes sectoriais que están preto de caducar. Consideramos que agardar pola aprobación do PXOM non é unha opción.”

O Bloque propón “solicitar unha modificación puntual das normas ubanísticas, que permitiría ensanchar e actuar neste viais sen o PXOM aprobado”, e explicao referíndose a que “no pleno do 9 de xullo de 2009, aprobouse solicitar unha serie de modificacións nas normas que permitían unha maior capacidade construtiva. Esa proposta do pleno elaborada polo técnico municipal, aprobouse por unanimidade e foi traslada á Xunta de Galicia quen en apenas 1 ano, a facía efectiva coa aprobación no DOG do Decreto 89/2019, do 3 de xuño polo que se modifica a ordenación provisional”.

Por outra parte, o BNG declara que “estamos pendentes dos informes favorables de Augas de Galicia para poder facer un retranqueo do muro que impide o paso”. Tamén solicitou compartirdocumentación relacionada con esta actuación, da que en teoría depende agora de Augas de Galicia, “consideramos que é unha situación de máxima urxencia e require a atención e o esforzo necesario para acadar unha saída.”

O BNG requeriu no pleno dar a palabra á veciñanza de Campo de Verdes presente no pleno para que contasen de primeira man cal é a situación. Segundo unha nota de prensa do grupo municipal do BNG, non se aceptou a proposta “provocando a indignación da veciñanza que abandonaba o pleno na segunda ocasión que a súa palabra lle foi negada. En anteriores ocasións a alcaldesa si permitiu as intervencións do público”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...