Viveiro lanza a súa oferta de actividades deportivas para adultos e non adultos durante o mes de xullo

Os nenos e nenas nados entre os anos 2013 e 2017 poderán inscribirse nun curso de iniciación á natación.

Viveiro. CONCELLO DE VIVEIRO

O Concello de Viveiro informa dos cursos deportivos para o próximo mes de xullo. Para os adultos ofértase unha ampla variedade de actividades, mentres que a rapazada poderá gozar de cursos de iniciación á natación.

Dunha banda, os nenos e nenas nados entre os anos 2013 e 2017 poderán inscribirse nun curso de iniciación á natación. As persoas interesadas poderán escoller entre o grupo de luns e mércores ou o grupo dos martes e xoves, a rapazada dividirase en quendas en función da súa idade.

Doutra banda, o Concello de Viveiro oferta variadas actividades para adultos durante o mes de xullo. Concretamente, ofértanse actividades de aquagym, intervalos, TRX, ciclo indoor e natación (niveis iniciación, medio e avanzado). Cada actividade ten o seu propio horario, con dous días á semana.

As persoas interesadas nestes cursos poden obter máis información e reservar a súa praza na recepción da piscina municipal (no teléfono 982570610).

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here