Este martes remata o prazo para solicitar mesas e cadeiras na Feira Renacentista de Viveiro

O Concello de Viveiro presentará nos próximos días a programación completa da Feira Renacentista, que terá lugar do 7 ao 10 de xullo de 2022. Trátase dunha programación que ten como obxectivo ambientar a vila con actividades culturais e musicais.

Comitiva de Carlos V, na súa chegada a Viveiro. MERCADO RENACENTISTA DE VIVEIRO

O Concello de Viveiro informa do remate na xornada de hoxe do prazo de solicitude de mesas e cadeiras para a Feira Renacentista, xa que se esgotou todo o material dispoñible.

Con respecto á celebración de comidas e ceas na rúa durante a xornada do sábado 9 de xullo, todas as previsións apuntan ao incremento das servidas polos locais de hostalería, ao que se suma que o material de titularidade municipal nunca alcanza para cubrir a demanda existente. Tendo en conta estas dúas situacións, nesta edición o Concello adoptou a decisión de facilitar o préstamo de mesas e cadeiras unicamente para comidas e ceas que teñan lugar o sábado (organizadas por particulares).

Lémbrase, asemade, que a Hermandad del Prendimiento colaborará como en anos anteriores coa Feira Renacentista, alugando traxes de época e poñendo á venda a medalla conmemorativa, que este ano levará o escudo de San Xoán de Covas. O aluguer oscilará entre os 20 e 30 euros e a medalla venderase a 5 euros.

A sala de exposicións da Biblioteca Municipal, na que se poderán alugar os traxes, estará aberta a disposición do público dende o luns 27 de xuño ata o venres 8 de xullo, de luns a venres, de 18:00 a 21:00 horas, e os sábados, de 11:00 a 13:00 horas.

O Concello de Viveiro presentará nos próximos días a programación completa da Feira Renacentista, que terá lugar do 7 ao 10 de xullo de 2022. Trátase dunha programación que ten como obxectivo ambientar a vila con actividades culturais e musicais.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here