Xove finaliza o Obradoiro de Emprego de construción

O Concello destaca o alto grao de satisfacción cos traballos realizados polos participantes do obradoiro, e agradece á Xunta de Galicia a súa financiación.

Centro cívico de Xove, co Concello ao fondo. WIKIPEDIA

O Concello de Xove finaliza para este luns o Obradoiro de Emprego denominado: Especialidade de revestimentos continuos en construción.

O Obradoiro foi financiado na súa totalidade pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, cun orzamento de 347.000€, e nel participaron un total de seis alumnos e alumnas-traballadoras e un monitor.

Durante os nove meses da súa duración fixéronse obras de acondicionamento e saneamento integral no Centro Cívico. Acondicionamento da pista de padel e pintura do depósito de auga de Palmeiro.

O Concello destaca o alto grao de satisfacción cos traballos realizados polos participantes do obradoiro, e agradece á Xunta de Galicia a súa financiación.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here