Xove presenta o seu Plan Municipal Integral contra a Violencia de Xénero

No mesmo acto tamén se realizou a presentación do Calendario 2022 pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero.


O Concello de Xove presentou este xoves 25 de novembro o seu Plan Municipal Integral contra a Violencia de Xénero do Concello de Xove. No mesmo acto tamén se realizou  a presentación do Calendario 2022 pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero.

Por primeira vez, o Concello de Xove conta cun Plan Integral para loitar contra a Violencia de Xénero. Trátase dun documento que actúa en tres ámbitos:

a) Información, sensibilización e implicación da poboación na loita contra esta lacra social.

b) Atención personalizada e integral das vítimas de violencia de xénero

c) Coordinación entre os axentes implicados para garantir os recursos.

Por outra parte, os Calendarios pola Igualdade foron realizados polas rapazas e rapaces, que participaron no taller de sensibilización “Xeración 20=22”, realizado durante o mes de xullo. Dende o Concello de Xove agradecen a Ángel, Christian, Uxía, Daniel, Carla, Melany, Lucía, Omar, Carla, Aroa e Alicia pola súa participación como autores e autoras deste almanaque.

 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here