InicioOccidentalXoveXove mellora a sala multideportiva para adaptala ás medidas COVID

Xove mellora a sala multideportiva para adaptala ás medidas COVID

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Xove rematou o proceso de climatización e aireación da sala multideportiva, cunha dobre instalación de aire, climatizado por un lado e filtrado por outro. A instalación realizada ten unha capacidade de aportación de aire de 800 metros cúbicos hora, pensado para unha ocupación de 25 persoas facendo deporte ao mesmo tempo.

Dende marzo de 2020, debido ao Covid, a sala estivo prácticamente sen utilizar. Para solucionar este problema, o Concello pensou que o mellor era climatizala e potenciar a súa aireación. Todo isto pensando nas dimensións da sala e o seu aproveitamento.

A Sala Multideportiva está anexa ao Ximnasio. Dentro dela realízanse ao longo de todo o ano entrenos dalgúns deportes (fitnes, aerobic, ximnasia de mantemento e karate).  O orzamento total foi de 10.258,80 €uros, financiados integramente polo Concello.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...