Xove estrea servizo de comunicación para incidencias mediante unha app, unha web e contacto telefónico

Grazas a esta iniciativa, os veciños do municipio poden beneficiarse das vantaxes que ofrece LÍNEA VERDE. Este servizo sirve como canal directo de comunicación dos desperfectos que se detecten no equipamento urbano do municipio.

Desperfectos. AXM

Durante este mes, o Concello de Xove únese aos máis de 500 municipios que a nivel nacional dispoñen do servizo LÍNEA VERDE. A través deste canal de comunicación directo, os veciños poden poñer en coñecemento do concello aqueles desperfectos que detecten na súa localidade. Grazas a esta ferramenta de participación cidadán, o concello pretende coñecer as necesidades do municipio e así, poder dar solución as cuestións comunicadas.

Para poder utilizar este novo servizo é necesario proceder a descarga da APP Línea Verde. Para elo, o usuario accede a Google Play ou APP Store en función da tecnoloxía empregada no seu Smartphone (Android/Ios). Unha vez localizada, lévase a cabo a descarga de forma gratuíta. A partir dese momento, o usuario selecciona o municipio sobre o que quere comunicar a incidencia. O procedemento é moi rápido e sinxelo.

Para comunicar unha incidencia, basta con pinchar sobre o botón “Nova Incidencia”. Un desplegable coas diferentes tipoloxías de incidencias aparece na pantalla. O usuario selecciona aquela sobre a que quere comunicar. De forma automática, a APP detecta as coordenadas exactas nas que se ubica o desperfecto. O seguinte paso é adxuntar unha foto da incidencia e observación sobre a mesma. Xa só queda dar ao botón de enviar. Unha vez enviada, persoal do Concello recibe notificación do desperfecto comunicado. A partir deste momento, inícianse os trámites para dar solución a incidencia detectada. O cidadán á súa vez, recibe notificación no seu teléfono móbil sempre que se produza un cambio no estado da mesma.

Ao servizo Línea Verde tamén se pode acceder a través do dominio www.lineaverdedexove.es , ou ben a través de contacto telefónico no número 902 193 768 no horario de 8:00h a 17:00h (custo da chamada 0.07€/min).

O Concello de Xove anima aos veciños da súa localidade a utilizar o servizo Línea Verde. A través da implantación deste servizo e grazas a unha importante participación cidadán, pretende lograr un municipio que cumpra coas expectativas de benestar social dos seus veciños.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here