Xove celebra o éxito do XXVII Torneo Concello de Xove de Ximnasia Rítmica


O Pavillón Municipal de Deportes de Xove acolleu a XXVII Torneo de Ximnasia Rítmica, en sesíons de mañá e tarde, contou cunha gran afluencia de público que encheo as gradas do Pavillón. O Torneo, organizado polo Concello a través da Concellería de Deporte e a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, contou coa presencia de 7 equipos de toda provincia:Club Xirandela, Club Quicela, Escola Ximansia Porta Norte, Club Filigrana, Club Violeta, Club Ximnasia Viveiro e Escola Municipal de Xove.

En canto aos resultados deportivos acadados polos deportistas da nosa Escola, salientamos o 1º posto obtido na categoría prebenxamín nivel B e tamén o 1ª posto obtido por Shaila Ares na categoría Individual Escolar. Outros resultados dos nosos equipos foron o 4º posto acadado nas categorías alevín e infantil nivel B.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here