Xove presenta o seu programa de actividades para o verán

A Organización corre a cargo do Concello de Xove, concretamente das Concellerías de Servizos Sociais, Xuventude e Deporte.


O Concello de Xove presentou este venres o seu programa de actividades para o verán. O acto foi conducido polas concelleiras de Servizos Sociais e Xuventude e Deporte, Ana Abad e Cristina Iglesias e respectivamente.

Trátase de actividades deportivas e lúdicas en xeral. É un programa moi amplo que inclúe festas, xogos de todo tipo, excursións, competicións deportivas e obradoiros.

As actividades que se van desenvolver, e que resumimos, son:

Rutas San Antonio da Rigueira, que se van desenvolver o luns 13 de xuño. Prazo para anotarse ata o 10 de xuño.

Programas “MÓVETE NO VERÁN” e “MÓVETE NO VERÁN CON SALA 5”, adicado a nenos e rapaces dende 3 anos a maiores de 18. Inclúe xogos, full body, Pilates,etc. Inscricións aa o 29 de xuño na OMIX .

Curso PÁDEL NO VERÁN. Do 4 de xullo ao 19 de agosto, a partieres de 6 anos. Inscricións ata o 29 de xuño na OMIX.

FESTA ACUÁTICA na praia de Portocelo. Domingo 31 de xullo a partir das 16:00 h. con inchables acuáticos, xogos na auga e kayak.

XOVE CONCILIA VERÁN. Do 24 de xuño ata o 6 de setembro, con actividades de entretemento para nenos de 4º de infantil ata 4º de primaria (Prazas limitadas). Inscrición ata o 21 de xuño na OMIX.

Programa MAÑÁNS ACTIVAS durante os meses de xullo e agosto, para rapaces de 10 a 16 anos, con obradoiros de manualidades, xogos deportivos e actividades na natureza. Inscricións ata o 29 de xuño na OMIX.

Programa XUVENTUDE:

-9 de xullo: RUTA DOS FORNOS en A Pontenova, a partir de 1º de ESO (Prazas

limitadas)

-13, 14 e 15 de xullo: CAMPAMENTO EN MORÁS. A partir de 6º de primaria.

-23 de xullo: PAINTBALL MOCIDADE. A partir de 3º da ESO.

-6 de agosto: VIAXE AO AQUAPARK DE CERCEDA. A partir de 1º de ESO.

-19 de agosto: OPERACIÓN DIAMANTE EN XOVE. A partir de 6 anos..

A inscrición para estas actividades vaise realizar na OMIX unha semana antes de cada actividade.

Programa XUVENTUDE EN ROQ SPORT, con prazas limitadas. Estas actividades vanse realizar en horario de mañá, con saída da marquesiña do bus do Concello, e son:

-“Parque de aventura” o 7 de xullo, “Orientación” o 21 de xullo, “Sup e Big Sup” o

4 de agosto e “Paint ball infantil” o 18 de agosto.

Programa XUVENTUDE EN A BALEA VERDE, con prazas limitadas. Vaise desenvolver

os días 6, 11, 18, 27 e 29 de xullo, e 1, 8, 10, 12, 24 e 26 de agosto, incluindo:

sendeirismo, kayak, obradoiros de reciclaxe, snorkel, actividas acuáticas, praia,…

Inscricións na OMIX ata 2 días antes de cada actividade. Estas actividades vanse

realizar en horario de mañá, con saída da marquesiña do bus do Concello.

– DOMINGOS A REMOLLO NA PRAIA DE LAGO, os días 3, 10, 17, 24 e 31 de xullo, e 7,

14 e 21 de agosto. Con saídas en kayak e padel surf, en horario de 16:00 a 19:30 h.

Inscrición na praia media horas antes da actividade.

A Organización corre a cargo do Concello de Xove, concretamente das Concellerías de Servizos Sociais, Xuventude e Deporte. Contan tamén co patrocinio da Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social e da da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Adminiastracións Públicas e Xustiza, Secretaría Xeral da Igualdade.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here