Xove acolle este mércores “Cinema Marabillas. Ver para ler”, un espectáculo de animación á lectura para os pequenos

O público para esta ocasión estivo formado por uns 150 alumnos do Colexio Pedro Caselles Rollán de Xove, acompañados polos seus profesores.


A Concellería de Cultura do Concello de Xove organizou para hoxe, mércores 15 de xuño, ás 10:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, a primeira actuación dentro do Programa Ler conta Moito 2022, programa patrocinado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e dirixido ás Bibliotecas Públicas co fin de promocionar a lectura e todo o relacionado co mundo das bibliotecas.

Raquel Queizás trouxo a Xove o seu espectáculo “CINEMA MARABILLAS. VER PARA LER”. O público para esta ocasión estivo formado por uns 150 alumnos do Colexio Pedro Caselles Rollán de Xove, acompañados polos seus profesores.

En canto ao espectáculo: Cinema Marabillas. Ver para ler! Polgariño, Alicia no pais das marabillas, Peter Pan, O mago de Oz… Os asistentes gozarán coa proxección de fragmentos das primeiras adaptacións cinematográficas de cine mudo inspiradas nos contos marabillosos e nos libros clásicos da literatura. O cinema tamén se le.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here