(AMPLIACIÓN) Un veciño de Ourense falece na praia da Marosa

Uns surfistas que estaban no areal foron os primeiros en tentar auxiliar ao falecido, duns 60 anos e que non puido ser reanimado polos servizos de emerxencia

Atenden ao bañista sobre a area. ANTONIO LÓPEZ

Un home duns sesenta anos faleceu este martes na praia da Marosa de Burela tras ser arrastrado pola corrente.

Uns surfistas que estaban na zona foron os primeiros en tentar auxiliar ao bañista, un veciño de Ourense que pasaba uns días coa familia no concello burelao.

O home puido ser rescatado da auga pero malia aos esforzos dos servizos de emerxencia desprazados ata o lugar dos feitos, nada se puido facer por salvarlle a vida.

Segundo o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112, varios particulares chamaron arredor das 11.30 horas para informar dun bañista con dificultades para saír da auga, a causa da forte ondada que nese momento se rexistraba no mar.

A QUENDA DOS SOCORRISTAS COMEZABA MÁIS TARDE

Desde o 112 Galicia pasouse aviso aos membros de Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, aos efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local e a Protección Civil.

O incidente produciuse antes de iniciarse a quenda de vixilancia da praia, que conta con servizo de socorrismo a partir das 12.00 horas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here