IniciosociedadeA Casa da Telefónica, trocada pola parte pública da Torre dos Moreno,...

A Casa da Telefónica, trocada pola parte pública da Torre dos Moreno, deberá estar lista en dous anos

O Concello de Ribadeo e Paisajes de Asturias formalizaron a permuta do 21% do inmoble, de titularidade municipal, pola que será a nova sé do xulgado de paz

Publicada o

- Advertisement -

Concello de Ribadeo e  Paisajes de Asturias formalizaron a permuta da parte de propiedade municipal da Torre dos Moreno -o 21,25%- pola antiga Casa da Telefónica.

O acordo establece que a empresa asturiana dispón de dous anos para entregar o edificio rehabilitado, segundo detallou o alcalde Fernando Suárez Barcia, que ratificou a intención de transladar ao inmoble, situado na Praza de Abaixo, o xulgado de paz, cuxa sé atópase en mal estado.

A tramitación do acordo no notario dá luz verde a un troco aprobado pola Xunta de Goberno ribadense en xullo do ano pasado e que o executivo local defendeu como única alternativa viable para a situación “insostible” da Torre dos Moreno.

O estado de semi ruina do emblemático edificio urxe unha rehabilitación que o Concello “non podería asumir pola grande cantidade de recursos que esixiría”, reiterou o rexedor.

Segundo os informes dos técnicos municipais, a reparación integral do inmoble, construido en el 1915 por iniciativa dos irmáns Juan e Pedro Moreno Ulloa, requeriría un investimento de máis de cinco millóns de euros.

Suárez Barcia lembrou que, coa permuta, a empresa asturiana, que xa era propietaria do 60%, “non ten escusa e ten a vía libre para a rehabilitación, mellora e conservación do inmoble”, catalogado como Ben de Interese Cultural.

INTERCAMBIO CUESTIONADO POLA OPOSICIÓN

Dacordo co asinado, en dous anos, a Casa da Telefónica, a carón do Cine Colón, estaría lista para acoller as dependencias do xulgado de paz. As actuais instalacións arrastran unhas carencias  que os traballadores veñen denunciando desde 2017 e das que o goberno local responsabiliza a Xunta de Galicia por non “facilitar as axudas para a rehabilitación”.

Malia que os partidos da oposición cuestionaron a proporcionalidade do intercambio, o rexedor ribadense sostivo que o pacto é favorable ao concello xa que, argumentou, “o valor do edificio reformado é superior ao da parte da Torre dos Moreno que se permuta”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...