A Pontenova celebra o verán con danza, teatro, cine e música

este programa que se celebrará dende finais de xullo e agosto é completamente gratuíto.

Francisco Martínez, Isabel Couto e Darío Campos durante a presentación das actividades de verán da Pontenova / remitida

Cine ao aire libre, teatro, danza, música e xogos acuáticos no Pozo do Ola serán algúns os protagonistas das actividades de verán que organiza o Concello da Pontenova.

Así, A escola Municipal de Teatro da Pontenova inaugura a tempada estival co “Misterio da Via Rexia”, a cita será 23 de xullo ás 23.00 horas. O día 24 haberá cine ao aire libre coa proxección da película “Cuñados”, ás 23:30 horas. E o 25 a protagonista será a danza coa compañía “Propulsa”.As actuacións destes tres días celebrárase naPraza dos Fornos.

O Pozo da Ola será o escenario doutro verán con xogos acuáticos, serán os días 12, 13, 14 e 15 de agosto.A programación destas actividades deportivas fluviais, de balde e para todos os públicos, desenvólvese en espazos naturais como o noso río e inclúe atraccións con inchables e moitos xogos. Cada sesión de mañá e tarde, estará supervisada por profesionais.

O mes de agosto comeza coa actuación musical dos Piñeiros será o día 6 de agosto ás 22:30 horas. O 13 ás 22:30 horas o protagonista será oCirco do lume, que inclúe números que mesturan técnicas de baile con malabares, manipulación, pirofasia e humor.A Banda da Loba actuará o día 21 de agosto ás 21:30 horas, e por último haberá maxia da man de David Méndez, o día 28 de agosto ás 20:30 horas. Todas estas actuación celebraranse tamén naPraza dos Fornos.

CAMPAMENTO

Paralelamente a estas actividades o Concello da Pontenova organiza novamente unha nova edición do seu campamento de verán para os máis pequenos da casa, poden participar dende os 3 aos 14 anos, e están adaptadas ás normas COVID. “Celebrase dende o 26 ata o 30 de xullo, e no mes de agosto dende o día 2 ata o 6 cun horario de 10:00 a 14:00 horas”. Para participar, previo pago da matricula, hai que inscribirse no Concello.

“PARA TODA A FAMILIA”

“Presentamos unha ampla selección de actividades nas que poden participar toda a familia, ademais este programa que se celebrará dende finais de xullo e agosto é completamente gratuíto” dixo o rexedor Darío Campos Conde.

“Quero lembrar que esta programación ao aire libre está adaptada ás actuais condicións sanitarias, e respectaranse escrupulosamente as medidas sanitarias preventivas fronte aos contaxios por covid-19. Non podemos baixar a garda”, avanzou o rexedor.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here