A Pontenova apraza a inauguración da tirolina por confinamento de varios empregados da empresa concesionaria

A instalación da Pontenova recrea o trazado do antigo tranvía aéreo que, atravesando o río Turia, transportaba o mineral desde as ladeiras da mina de Consuelo ata a mina de Boulloso.

Darío Campos, alcalde da Pontenova. AXM

O Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde informou hoxe que a inauguración da tirolina, que estaba prevista para este venres, queda aprazada ata novo aviso debido ao confinamento de varios empregados da empresa adxudicataria, que xestiona esta instalación.

Campos Conde remarcou que “abriremos esta nova iniciativa turística con tódalas garantías e por suposto, atendendo sempre as recomendacións sanitarias”. Este complexo conta con dous grandes atractivos: visitar a única galería mineira aberta ao público de Galicia e lanzarse pola tirolina que conta con 330 metros de lonxitude. A instalación da Pontenova recrea o trazado do antigo tranvía aéreo que, atravesando o río Turia, transportaba o mineral desde as ladeiras da mina de Consuelo ata a mina de Boulloso.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here