InicioOrientalBarreirosCatro feridos nunha colisión entre dous vehículos na N-642, en Barreiros

Catro feridos nunha colisión entre dous vehículos na N-642, en Barreiros

A central de emerxencias tivo constancia do sinistro a través do sistema de alerta E-Call, un dispositivo instalado nos coches.

Publicada o

- Advertisement -

Unha colisión por alcance entre dous vehículos ocorrida na N-642, no municipio de Barreiros (Lugo), saldouse con catro persoas feridas, segundo informou este mércores o 112 Galicia.

O accidente tivo lugar pouco antes das 13,00 horas, e a central de emerxencias tivo constancia do sinistro a través do sistema de alerta E-Call, un dispositivo instalado nos coches que, mediante uns sensores, detecta os impactos e realiza unha chamada ao 112 de forma automática.

Este sistema transmitiulle tamén de forma inmediata a localización do vehículo, neste caso no punto kilómetrico 27 da N-642 ao seu paso por este concello da mariña lucense. Ademais, varios particulares tamén contactaron co 112 para avisar do accidente, e relataron que había persoas feridas.

Os xestores do 112 Galicia avisaron aos servizos sanitarios, á Garda Civil de Tráfico, aos bombeiros de Barreiros e a Protección Civil do municipio; así mesmo, solicitaron a intervención dos servizos de mantemento de estradas para restablecer as condicións de seguridade da vía. Á súa chegada ao lugar do sinistro, os bombeiros confirmaron que había 4 persoas feridas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...