IniciosociedadeA alcaldesa de Barreiros agradece o traballo do persoal de socorrismo que...

A alcaldesa de Barreiros agradece o traballo do persoal de socorrismo que actuou nas praias do concello

Ana Ermida sinalou que foi fundamental o labor de prevención que se realizou por parte do persoal e que supuxo que nos 62 días de verán se levaran a cabo 6 rescates, o que é moi significativo tratándose das praias de Barreiros, cunha perigosidade e unhas condicións moi duras.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, acompañou no remate da xornada de onte ao persoal de vixiancia, salvamento e socorrismo que traballou durante os dous meses de verán nas praias do municipio e que onte rematou a relación laboral.

A rexedora quixo trasladar ao persoal das praias “o agradecemento do goberno municipal pola implicación amosada e o traballo realizado nunhas circunstancias durísimas, coas praias cheas de xente e moi poucos efectivos para levar a cabo as funcións encomendadas.”

Ana Ermida sinalou que foi fundamental o labor de prevención que se realizou por parte do persoal e que supuxo que nos 62 días de verán se levaran a cabo 6 rescates, o que é moi significativo tratándose das praias de Barreiros, cunha perigosidade e unhas condicións moi duras.

Ermida volveu poñer enriba da mesa a “dificultade para atopar persoal de socorrismo, coa titulación e os requisitos esixidos en Galicia” e a “necesidade de poñerse desde hoxe mesmo a traballar conxuntamente as administracións e organismos para buscar solucións de cara a vindeiras temporadas”

Nese mesmo sentido, informou de que o Concello de Barreiros xa ten avanzadas propostas e traballa conxuntamente coa Dirección Xeral de Costas en solucionar eivas detectadas nesta tempada.

VALORACIÓN DOS MESES DE VERÁN

A alcaldesa valorou tamén positivamente os datos de ocupación existentes en Barreiros, que rondaron o 95% no mes de agosto e entre o 75-80% no mes de xullo. Trasladou igualmente o desexo de que en vindeiros anos se consolide o nivel de visitantes, se ben chama a atención sobre a necesidade de adaptar as infraestruturas para a recepción das persoas foráneas e de traballar na posta en valor e no respecto ao territorio e á poboación local, para poder garantir unha convivencia óptima tamén nestes meses.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...