InicioOrientalBarreirosFinalizan en Barreiros as obras da Deputación para arranxar o firme ...

Finalizan en Barreiros as obras da Deputación para arranxar o firme da estrada da Ínsua a San Cosme

A alcaldesa, acompañada doutros membros do goberno local, visitou as obras realizadas pola Deputación de Lugo na estrada que foi de titularidade provincial ata o ano 2018, cando o anterior goberno municipal solicitou o cambio de titularidade sen garantir o arranxo da mesma.

Publicada o

- Advertisement -

Os traballos de aglomerado da estrada que comunica o centro de San Cosme cara a Ínsua finalizaron na mañá de hoxe, quedando pendente o pintado da mesma, que se realizará nos vindeiros días.

A alcaldesa, acompañada doutros membros do goberno local, visitou as obras realizadas pola Deputación de Lugo na estrada que foi de titularidade provincial ata o ano 2018, cando o anterior goberno municipal solicitou o cambio de titularidade sen garantir o arranxo da mesma; asumindo a titularidade dun viario en moi mal estado xa naquel momento.

Ana Ermida, agradece a predisposición e a implicación do presidente da Deputación para solucionar esta deficiencia que supuña graves prexuízos para a veciñanza, ao tratase dunha vía moi concorrida pola súa situación e conexións. Ermida explicou que “no momento en que trasladamos a situación desta vía ao responsable provincial, asumiu o compromiso de colaborar con este Concello para lograr que a xestión feita anteriormente non repercutira negativamente na veciñanza de Barreiros. E temos que agradecer que así fora, pechándose deste xeito o círculo da cesión do viario en condicións óptimas para o Concello de Barreiros.”

Aos traballos de aglomerado e limpeza de cunetas sumaranse os da sinalización e pintado que se levarán a cabo nos vindeiros días. Deste xeito, “unha das estradas máis utilizadas pola veciñanza de Barreiros pasará a estar nas mellores condicións para o seu uso, evitando ter que asumir esas obras con fondos propios, que dificultaría levalos a cabo e impediría outras actuacións menores, pero de vital importancia para o municipio”, conclúe a rexedora.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...