InicioOrientalBarreirosConstituída a comisión negociadora para o Plan de Igualdade de Barreiros c

Constituída a comisión negociadora para o Plan de Igualdade de Barreiros c

A concelleira responsable desta materia, Montse Porteiro, destaca a importancia da elaboración do plan “a hora de establecer un sistema de xestión dos recursos humanos que asegure criterios de igualdade no desenvolvemento profesional do persoal municipal independentemente do seu sexo”.

Publicada o

- Advertisement -

Os traballos para a implantación do primeiro Plan de Igualdade para as traballadoras e traballadores do Concello de Barreiros avanza a bo ritmo co fin de que este documento se poida aprobar o vindeiro mes de marzo.

O Concello de Barreiros, nunha clara aposta por fomentar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes na organización, constituíu na mañá de hoxe a “Comisión Negociadora” que se encargará da diagnose, negociación e elaboración das medidas que integrarán o Plan de Igualdade.

A concelleira responsable desta materia, Montse Porteiro, destaca a importancia da elaboración do plan “a hora de establecer un sistema de xestión dos recursos humanos que asegure criterios de igualdade no desenvolvemento profesional do persoal municipal independentemente do seu sexo”.

A Comisión Negociadora está integrada por 15 persoas con representación do Concello, do cadro de persoal laboral e do funcionariado.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...