Máis de 300 persoas reuníronse en Barreiros para celebrar o 8M

O acto foi organizado polo Observatorio pola Igualdade da Mariña e o colectivo de batukeiras Meigas BravasSon.


O acto central de Galegas8M A Mariña, organizado polo Observatorio da Mariña pola Igualdade e o colectivo de batukeiras Meigas BravasSon, reuniu onte a máis de 300 asistentes en Barreiros co gallo do Día Internacional das Mulleres.

Segundo sinalan desde a organización foi “un acto cargado de emotividade que baixo o lema  NIN ESCRAVAS NIN HEROÍNAS, MULLERES CON DEREITOS XA! o feminismo galego chamou a derrubar o patriarcado capitalista e colonial”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here