Terceira etapa do Camiño Inglés realizada pola Asociación Camiñantes e Camiños de Barreiros

O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explicou que “foi unha etapa dura, de subidas e baixadas, e longa, de 19 quilómetros, polo que chegamos cansados. Pasamos por zonas moi boscosas con subidas importantes. Saímos de Pontedeume e chegamos a Betanzos, onde acabamos a xornada cunha comida no restaurante El Arrozal, que estivo moi ben. Tivemos bo tempo porque foi un día de sol”.


A asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, realizou onte a terceira etapa do Camiño Inglés. 46 persoas percorreron o treito comprendido entre Pontedeume e Betanzos.

O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explicou que “foi unha etapa dura, de subidas e baixadas, e longa, de 19 quilómetros, polo que chegamos cansados. Pasamos por zonas moi boscosas con subidas importantes. Saímos de Pontedeume e chegamos a Betanzos, onde acabamos a xornada cunha comida no restaurante El Arrozal, que estivo moi ben. Tivemos bo tempo porque foi un día de sol”.

E engadiu que “participamos 46 peregrinos da Mariña, sobre todo de Barreiros, Ribadeo, Trabada e Foz. Nesta etapa recibimos a visita da xefa de área provincial de Turismo en Lugo, Paloma Vázquez, que é desa zona, concretamente de Cabanas, xa que grazas a ela conseguimos as camisetas do Xacobeo, o que quixemos agradecerlle”.

Tamén houbo tempo para as celebracións: “celebramos o 69 cumpleanos dun dos participantes, José, de Vilamartín Pequeno, que é o organizador das festas nesa parroquia. Démoslle un agasallo do Camiño”.

Gómez Puente engadiu que “hai moita harmonía e solidariedade entre os peregrinos porque houbo que axudarlles a varias persoas ás que lles custou chegar e esperouse para que ninguén quedara só”.

A vindeira etapa terá lugar o 21 de maio. Os peregrinos percorrerán o treito comprendido entre Betanzos e Santo Tomé de Vilacoba.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here