InicioOrientalBarreirosO Concello de Barreiros consegue fondos para rehabilitar o lavadoiro do Santiño...

O Concello de Barreiros consegue fondos para rehabilitar o lavadoiro do Santiño en San Cosme

As actuacións contemplan a recuperación dos muros de pedra, a limpeza das pías, a recuperación da fonte e a drenaxe e adecuación do terreo, xa que a humidade existente no chan do lavadoiro fai inviable un uso hixiénico do mesmo.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros vén de recibir a comunicación da obtención de fondos, ao abeiro da subvención para mellora do impacto paisaxístico do Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia, para a rehabilitación do lavadoiro do Santiño, situado a carón da N634 en San Cosme, cun fácil acceso ao mesmo.

Dito lavadoiro ten a singularidade de contar cunha cuberta a catro augas que precisa de ser renovada completamente, ao estar os elementos estruturais nun avanzado estado de deterioro. Ademais, as actuacións contemplan a recuperación dos muros de pedra, a limpeza das pías, a recuperación da fonte e a drenaxe e adecuación do terreo, xa que a humidade existente no chan do lavadoiro fai inviable un uso hixiénico do mesmo.

O orzamento de ditas actuacións é de 16.742,76 €, para o que se obtivo unha axuda de 11.719,93 €; debendo asumir o Concello os algo máis de 5.000 euros de diferenza.

A alcaldesa explicou que dita actuación “non pretende ser algo puntual e illado, senón que se enmarca dentro dun proxecto que responde a intención do goberno municipal de recuperación do patrimonio etnográfico galego, tanto na súa vertente material, como inmaterial. E vén sumarse a outras pequenas melloras que, ou ben xa fomos facendo noutros lavadoiros, ou temos previsto levar a cabo; dentro da acción global de visualizar uns elementos patrimoniais que non só foron moi utilizados en tempos, senón que supuñan auténticos lugares de reunións sociais, especialmente das mulleres.”

Presentación do libro “A Barcelonesa”, de Xabier Paz.

O Concello de Barreiros tamén anunciou que o vindeiro domingo 5 de xuño, ás 12 horas, terá lugar na biblioteca municipal a presentación de “A Barcelonesa”, coa presenza do autor, Xabier Paz. Dita obra conta a historia familiar vinculada á casa do Santiño, a carón do lavadoiro que se rehabilitará por parte do Concello.

A obra conta tamén parte da historia de San Cosme e de Barreiros, vinculada ao percorrido familiar do autor que vincula Barreiros, a Montaña luguesa e a Habana, nunha viaxe que toca a emigración, o retorno, a guerra e a necesidade de supervivencia que, sen dúbida, marcaron tamén este municipio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...