InicioOrientalBarreirosPresentación da novela "A Barcelonesa" de Xabier Paz en Barreiros

Presentación da novela “A Barcelonesa” de Xabier Paz en Barreiros

O Concello de Barreiros agradeceu en especial a presenza do autor e da súa familia, que onte asistiron a un emocionante acto cheo de historia, recordos e anécdotas que se foron debullando durante máis dunha hora nunha ateigada biblioteca municipal.

Publicada o

- Advertisement -

A presentación de A Barcelonesa que tivo lugar onte na biblioteca municipal de Barreiros, con presenza do autor Xabier Paz, foi un éxito de asistencia e participación segundo a organización.

Segundo a valoración realizada polo concelleiro de dinamización, Dani García, “a acollida entre a veciñanza deste acto foi moi positiva e participativa, producíndose momentos de marcada emoción; ao tratarse dun libro moi vinculado a Barreiros e á súa historia. Mesmo asistiron persoas que aparecen na novela”, afirmou .

O autor estivo acompañado na súa presentación pola alcaldesa barreirense e polo xornalista Martín Fernández Vizoso, estudoso da emigración galega a América que marca o fío da propia novela.

Un relato familiar que reflicte a historia do País.

Tal e como se explicou na presentación, A Barcelonesa non e só a historia familiar do escritor contada de xeito novelado; senón que recolle unha importante reflexión sobre a historia local e galega da man de acontecementos como a emigración e o retorno, os anos da guerra e a supervivencia.

O Concello de Barreiros agradeceu en especial a presenza do autor e da súa familia, que onte asistiron a un emocionante acto cheo de historia, recordos e anécdotas que se foron debullando durante máis dunha hora nunha ateigada biblioteca municipal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...