As Escolas Deportivas Municipais de Barreiros clausuran a tempada 2021-2022

Segundo Dani García, concelleiro de dinamización e participación veciñal "foi unha tempada que serviu de punto de partida na que tanto crianzas como adultos puideron practicar modalidades que nunca antes se ofertaran e xa nos atopamos recollendo as preferencias de cara a tempada seguinte."

Casa do Concello de Barreiros

O Concello de Barreiros clausura a tempada 2021/2022 das Escolas Deportivas Municipais, EDM Barreiros, cun total de 50 crianzas inscritas nas actividades deportivas de fútbol sala, baile infantil, patinaxe, surf, multideporte e natación.

Ademais destas, tamén puideron disfrutar doutros deportes como o bádminton ou o atletismo/campo a través. A EDM de persoas adultas contou con 65 inscritos/as nas actividades deportivas de ioga, ximnasia de mantemento, jumping e zumba.

Según Dani García, concelleiro de dinamización e participación veciñal “foi unha tempada que serviu de punto de partida na que tanto crianzas como adultos puideron practicar modalidades que nunca antes se ofertaran e xa nos atopamos recollendo as preferencias de cara a tempada seguinte.”

Viaxe de fin de tempada para as crianzas

Para despedir a tempada, o Concello organiza o vindeiro mércores 29 de Xuño unha actividade de balde para todos os nenos e nenas inscritos nas EDM Barreiros ao Parque Recreativo Laberinto Costa Mariña, saída ás 10:00h dende a praza do concello.

Actuación de Mamá Cabra, venres 24 de xuño

Ademais, o vindeiro venres 24 de Xuño ás 18h na praza do concello está programada a actuación de Mama Cabra, un concerto para público familiar organiazado polo programa +igualdade Barreiros con fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here