O concerto solidario de Ribadeo recada máis de 1.300 euros para Darius

A cantidade servirá para axudar á familia do pequeno de oito anos, que padece unha enfermidade rara que require de fisioterapia e fármacos

Os músicos, con Darius. AXM

1.319,22 euros. É a cantidade que cinco músicos de Ribadeo recadaron cun concerto a prol de Darius, un neno ribadense que padece unha enfermidade rara.

Darius, de oito anos, sofre unha atrofia muscular espiñal, que require dun tratamento intensivo de fisioterapia e fármacos, o que provoca dificultades económicas á súa familia.

Cherry, Fillo, Prisco, Pablo e Róber, varios deles membros da banda local Remakers, decidiron apoiar con rock and roll a causa do pequeno.

VENTA DE CALENDARIOS E DONATIVOS

Os músicos ofreceron un recital solidario na rúa San Francisco ribadense este sábado. Así, acadaron a mencionada cantidade a partir da venta de calendarios da Anpa A Faxarda -do Ceip Gregorio Sanz, onde estuda o pícaro- e donativos.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here