O goberno ribadense abre o debate sobre unha reforma do Cine Teatro

Tralas críticas polas dificultades técnicas do día do pregón, o concelleiro de cultura argumenta que a instalación necesita unha mellora "a fondo"

Interior do Cine Teatro de Ribadeo. AXM

Tralas críticas do PP ribadense pola “lamentable falla de medios técnicos” que desluciu o día do pregón das festas patronais, o concelleiro de cultura de Ribadeo, Farruco Graña, explicou que se deberon “a un foco que fixo masa e ocasionou que a corrente eléctrica non chegase a diferentes zonas do inmoble”.

O edil lembrou que “todo foi probado con anterioridade á celebración do pregón, en dúas ocasións”, e pediu “desculpas polo sucedido á comisión de festas, ao pregoeiro, á coral e ao pobo de Ribadeo”. O concelleiro aproveitou para abrir o debate acerca dunha reforma da instalación.

o edil de cultura insta á sociedade propietaria, goberno local, xunta e executivo central a abordar a cuestión

É a ocasión para reflexionar sobre a necesidade de afrontar cambios e unha reforma integral no Teatro de Ribadeo. A Sociedade Filantrópica propietaria do local-, o Concello, a Xunta de Galicia e o Goberno central deberían sentarse a abordar esta cuestión”, asegurou. “É un edificio emblemático, segue estando aí e estará aí, pero sería realista recoñecer que falamos dunhas instalacións que necesitan unha reforma a fondo”, concluíu.

BANDA DE GAITAS DE OURENSE

A Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense actuará o vindeiro sábado, 8 de setembro, no Cantón dos Moreno, dentro da programación das patronais. Será desde as 11.00 horas, nunha actuación financiada pola Xunta de Galicia.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here