A asociación de axuda ao enfermo mental sensibilizará sobre os problemas na mocidade

O colectivo desprazarase a varios ambulatorios da bisbarra con motivo do Día da Saúde Mental

Posto da asociación na Semana da Mobilidade de Burela. AXM

As asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña conmemorará o Día Mundial da Saúde Mental, que se celebrará o 10 de outubro, con varias actividades.

Nesta edición, a celebración porá o foco sobre a mocidade, dado que a adolescencia é unha etapa na que as persoas son especialmente vulnerables ás enfermidades mentais. Calcúlase que entre o 10 e o 20% dos nenos e adolescentes manifestan algún tipo de doenza mental.

Así, co propósito de concienciar sobre esta realidade, integrantes do colectivo achegaranse aos centros de saúde da comarca para asesorar -a través de xogos e outras actividades dinámicas- sobre condutas favorables e desfavorables para previr ou axudar a combater as enfermidades mentais.

DATAS E LUGARES

O martes 2, a asociación estará no centro de saúde de Cervo; o mércores 3, en Ribadeo; o xoves 4, en San Cibrao e o venres 5, en Burela.

REVISTA ‘AGARIMO’

Ademais, a agrupación celebrará o día 10 un acto conmemorativo na unidade residencial da Bidueira, en Cervo, no que presentará un novo número da revista anual Agarimo, elaborada polos usuarios. 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here