InicioOrientalRibadeoMúsica en feminino, unha exposición para coñecer o outro lado da música...

Música en feminino, unha exposición para coñecer o outro lado da música que poucos ven

O colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo, expón na oficina de Turismo unha exposición sobre as mulleres músicas.

Publicada o

- Advertisement -

A oficina de turismo ribadense acolle desde este martes, 1 de xuño, ata o luns 14, a exposición ‘Elas tamén soan. Ribadeo: Música en feminino’. É un traballo do colexio Sagrado Corazón que está aberto ao público de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.

Begoña Sanjurjo, coordinadora do proxecto e xefa de estudos do centro, explica que se trata dun traballo levado a cabo baixo a dirección de Carmen Rodríguez Cancelo polo alumnado de 4º ESO do Sagrado Corazón no curso 2018-19. O deseño e a maquetación dixital foi feita por Carme Rodríguez Rodríguez. “Era para expoñer o ano pasado pero a situación sanitaria non nolo permitiu”, sinala.

O traballo mostra o papel das mulleres na música como compositoras ou intérpretes, papel moitas veces invisible polo simple feito de ser mulleres. A través de once paneis percorre todas as épocas e todas as partes do mundo. Os paneis están organizados en 3 bloques: Fixeron historia (dedicados a mulleres xa desaparecidas, dende a medieval María Balteira); Están a facer historia (mulleres que están entre nós, en activo ou xubiladas) e un último panel dedicado ás Mulleres músicas en Ribadeo.

En cada panel, xunto á foto e nome da muller aludida, anótase o seu labor profesional, unha pequena biografía, obras salientables e fitos conseguidos. A edición dos paneis correu a cargo da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Igualdade.
“É unha pequena achega á loita pola igualdade da muller no campo musical que ten que dar pé á reflexión. E queremos animar a toda a veciñanza a visitar a exposición, que é tamén unha celebración anticipada do Día Internacional da Música, o 21 de xuño”, sinala Begoña Sanjurjo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...