O PPdeG insiste en responsabilizar ao BNG e ao alcalde das “pegatinas nacionalistas” de Ribadeo

Pídelle a Fernando Suárez unha resposta “clara, concisa y responsable” sobre o incumprimento da ordenanza de medio ambiente pola colocación destes adhesivos.

Sinais de Ribadeo con adhesivos da bandeira estrelada / PPdeG

A vicevoceira do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Elena Sierra, esixe unha resposta “clara, concisa y responsable” por parte do máximo dirixente do BNG no municipio de Ribadeo ante os danos causados aos sinais turísticos coas que denominaron “pegatinas nacionalistas”, que apareceron en varios sinais do concello, especialmente, nos da zona da praia das Catedrais.

A popular critica “su negligencia” ao incumprir a súa propia ordenanza municipal de medio ambiente que prohibe pegar carteis, neste caso adhesivos, en sitios no destinados para iso “como son las señales.

Unos se dedican a colocarlas, como es el caso del partido que nos gobierna; y, otros, a arrancarlas causando destrozos en las señales que pagamos todos con nuestros impuestos”, apunta nun comunicado.

Por iso, convida a cumprir a normativa municipal: “no es simplemente poner normas, sino que también es necesario cumprirlas todos. Y aquellos que las elaboran y aprueban, mucho más”, conclúe.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here