O peirao de Rinlo será escenario de espectáculos de danza

O porto da localidade da Mariña será o primeiro en acoller o ciclo "Propulsa Danza + Paisaxe + Patrimonio"


O ciclo Propulsa Danza + Paisaxe + Patrimonio terá a súa primeira actuación no Peirao de Rinlo. O novo programa cultura da xunta ofrecerá 27 actuacións en espazos singualres de Galicia para poñer en valor non só a danza galega, senón tamén o patrimonio cultural e paisaxístico de Galicia. 

Rinlo, aldea de orixe medieval e gran tradición pesqueira, acollerá o venres 2 de xullo ás 20,30h a primeira actuación do programa Propulasa Danza + Paisaxe + Patrimonio. En total, neste lugar haberá tres actuaciónsAmparo,  de Entremáns, MAPA, de Colectivo Glovo e Con/Sin/In, de iXa Universos Movemento – Xián martínez son as pezas que se poderán desfrutar en Rinlo, ás que asistirá o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil.

En total, 30 formacións – 23 galegas e 7 convidadas de España, Francia e Portugal- recorrerán seis “espazos singulares” de Galcia, entre os que se atopan os lucecenses Palas de Rei o sábado 3, con actuacións no Castelo de Pambre e Portomarín, con espectáculos o día 9 ás 20.30h na praza Conde Fenosa. Chantada, o Museo Interactivo da Historia de Lugo, a praza dos Escalopios de Monforte e a praza dos Fornos da Pontenova serán tamén escenario deste ciclo de danza.

Ademais deste programa, durante o verán de 2021 a Xunta de Galicia impulsará máis de 3.000 actividades por toda a xeografía galega que se suman á programación especial do Xacobeo. Ofreceranse numerosos eventos de diferentes disciplinas artísticas dirixidas a todo tipo de públicos.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here