O CD Lugo enfrontarase ao Real Oviedo polo Trofeo Emma Cuervo de Ribadeo

O torneo disputarse o vindeiro 31 de xullo.


O CD Lugo e o Real Oviedo disputarán o 31 de xullo o 70º Trofeo Emma Cuervo, organizado pola Ribadeo FC co apoio da Secreataría Xeral para o Deporte. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou na presentación do torneo.

O estadio Pepe Barrera acollerá o torneo, que este ano estrea como trofeo unha reprodución da Torre dos Moreno de 60 centímetros de alto deseñada e fabricada por Sargadelos. Arias calificou como “dous equipos de élite” aos clubs que enfrontarán polo trofeo, e felicitou á entidade deportiva ribadense “por dar continuidade durante tantos anos a esta cita deportiva tan senlleira”.

Ademais, o 14 de agosto disputarase a primeira edición do Emma Cuervo Feminino entre o Real Oviedo e o Athletic de Bilbao, este último equipo da Priemeira División do fútnbol deminino.

 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here