InicioOrientalRibadeoO alcalde de Ribadeo, vacinado e en corentena na casa tras dar...

O alcalde de Ribadeo, vacinado e en corentena na casa tras dar positivo en Covid19

“Aínda que me atopo, e me atopei en perfecto estado de saúde, podo comprobar por min mesmo que nin a vacina evita que nos poidamos contaxiar", dixo.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, está gardando corentena na súa casa despois de dar positivo en covid19. “Resulta que son positivo en covid. A pesar de ter xa desde hai días as dúas doses da vacina contra o covid19, acabo de recibir os resultados dunha pcr á que me sometín esta fin de semana por notarme con algún dos síntomas propios desta enfermidade”, indicou.

O rexedor, a través dun comuicado, dixo atoparse ben e anunciou que seguirá a traballar desde o seu fogar para manter a coordinación co resto do equipo de goberno, “a fin de seguir co normal funcionamento do Concello”.

Suárez Barcia dixo que “aínda que me atopo, e me atopei en perfecto estado de saúde, podo comprobar por min mesmo que nin a vacina evita que nos poidamos contaxiar, aínda que no meu caso afortunadamente, non vaia mais aló dun illamento na miña casa durante os días que se me indiquen”.

“Desde o meu fogar seguirei a traballar e a contactar por teléfono e por internet para manter a coordinación co resto do equipo de goberno, a fin de seguir co normal funcionamento do Concello”, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...