InicioOrientalRibadeoSó un caso Covid no centro de maiores de Ribadeo, tras dar...

Só un caso Covid no centro de maiores de Ribadeo, tras dar negativo dous contaxiados

É o único centro da Mariña con algún caso positivo.

Publicada o

- Advertisement -

Os casos de covid-19 nas residencias de maiores de Galicia descenderon ata os 111, tras negativizarse dúas infeccións no centro de Ribadeo e catro no Val de Monterrei. A estes seis negativos, súmase o falecemento dunha usuaria, de 93 anos, da residencia García Irmáns de Betanzos.

Así, o balance facilitado polo Sergas indica que quedan activos 72 casos da residencia As Gándaras, 27 positivos na residencia García Irmáns de Betanzos, cinco na residencia Santa Marta de Vigo, tres na residencia Soremay de Pontevedra, un caso en Santo Estevo de Perlío en Fene, outro na residencia DomusVi Matogrande da Coruña, un máis no centro de maiores de Ribadeo e outro na residencia Val de Monterrei.

CENTROS DE DISCAPACIDADE

Con respecto aos centros de discapacidade, o número de total de usuarios contaxiados mantense en 51, con 48 usuarios contaxiados no Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Chapela-Redondela, e outro tres usuarios no Fogar e Clínica San Rafael de Vigo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...