InicioCulturaA poesía de Xela Arias, en Ribadeo

A poesía de Xela Arias, en Ribadeo

Inaugurada a exposición “Xela Arias. A poesía do retrato”, promovida pola Vicepresidencia da Deputación.

Publicada o

- Advertisement -

A exposición “Xela Arias. A poesía do retrato” con fotografías de Xulio Gil e poemas de Xela Arias está xa en Ribadeo. A mostra, promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, consta de vinte paneis nos que as imaxes en branco e negro da autora dialogan con versos escollidos da súa obra poética.

As fotografías retratan a poeta posando con determinación e sen artificios ante o obxectivo de Xulio Gil cando tiña entre 26 e 40 anos. Trátase de imaxes tomadas para seren socializadas en revistas, libros ou noutros soportes de divulgación da obra de Xela Arias que se mostran por primeira vez en formato expositivo coincidindo co ano de homenaxe á autora sarriá polas Letras Galegas.

Ribadeo é o sexto e último destino da mostra, que desde o mes de maio percorreu distintas localidades como Sarria, Lugo, Chantada, Monforte e Viveiro. Na inauguración, a vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, puxo de  relevo “a importancia de ter presente a Xela ao longo destes meses en distintos puntos da provincia, estendendo a celebración da súa figura e obra tanto no tempo como nos espazos”. “O seu nomeamento como homenaxeada nas Letras Galegas bríndanos unha boa oportunidade para dar a coñecer a unha das mulleres máis relevantes e referentes da lingua e da cultura
galegas, visibilizando figuras femininas como a súa nas aulas, na literatura, no audiovisual, e por suposto, tamén ocupando espazos nas rúas a través de mostras como a que estamos a presentar hoxe en Ribadeo”, sinalou.

No acto interviu tamén o fotógrafo Xulio Gil, que explicou o proceso creativo da mostra e incidiu na necesidade de “sacar a cultura a rúa”, un posicionamento do que, lembrou, participaba tamén a propia Xela Arias.v Pola súa banda, a concelleira de Cultura ribadense, Pilar Otero, e o concelleiro de Economía e Turismo,  Pablo Vizoso, deron a benvida á mostra, que permanecerá no Parque de San Francisco ata o 27 de setembro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...