IniciosociedadeRememoración das festas patronais en Ribadeo entre os días 4 e 8...

Rememoración das festas patronais en Ribadeo entre os días 4 e 8 de setembro

Este domingo, 5 de setembro, celébrase no estadio municipal Pepe Barrera o Trofeo Acisa Festas Patronais entre o Ribadeo FC e o Viveiro CF.

Publicada o

- Advertisement -

A Concellaría de Cultura ven de presentar a programación coa que se rememorarán as festas da Patroa do 4 ao 8 de setembro. Os espectáculos serán para ver sentados e en recintos perimetrados. Haberá concertos, pasarrúas e actividades infantís.

En Ribadeo estará o Mago Antón o día 6 e o 8, Día da Patroa, os Cocos e os Cabezudos bailarán nun espazo habilitado para eles. Haberá misa cantada pola Coral Polifónica ribadense. Esa xornada tamén ofrecerá o seu tradicional concerto da Patroa a Banda Municipal de Música de Ribadeo.

Non serán unhas festas patronais como as anteriores á pandemia, pero o Concello quere contribuír “a que siga vivo o noso espírito festeiro”, segundo declarou a concelleira de Cultura, Pilar Otero.

A edil dixo que “non queríamos deixar pasar un ano máis sen celebrar dalgún xeito as patronais. Seguimos en tempos incertos que nos demandan prudencia e é por iso polo que as propostas que trasladamos son sobre todo espectáculos para ver sentados e en recintos perimetrados”.

Otero Cabarcos engadiu que “durante todos estes días de eventos, seguirá colocada, no paseo do parque, a exposición organizada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, Xela Arias. A poesía do retrato, unha mostra que busca divulgar a figura da muller escritora homenaxeada este ano nas Letras Galegas”.

A concelleira de Cultura rematou sinalando: “dicir que con esta programación queremos contribuír a que, nestes días nos que Ribadeo debería estar de festa grande, siga vivo o noso espírito festeiro ata a celebración da Patroa de 2022, que seguro que serán uns festexos excepcionais”.

TROFEO ACISA FESTAS PATRONAIS

Este domingo, 5 de setembro, celébrase no estadio municipal Pepe Barrera o Trofeo Acisa Festas Patronais entre o Ribadeo FC e o Viveiro CF, que servirá para conmemorar estas datas tan especiais. O evento esta organizado polo Ribadeo FC xunto con Acisa. O  encontro terá lugar as 18:00 horas.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, anunciou que “este domingo, 5 de setembro, temos todos unha cita co fútbol as 18:00 horas para ver o derbi mariñá que disputarán o Ribadeo FC. e o Viveiro CF no estadio municipal Pepe Barrera. A apertura de billeteiras será as 16:30 horas e a entrada terá un custe de 8 euros”.

Pérez Prada dixo: “queremos dende Acisa agradecer ao Ribadeo FC que pensara en nós para poder levar acabo este trofeo especial, conmemorativo das festas patronais da vila, que como é sabido non se van poder celebrar como de costume por mor da pandemia”.

Pola súa banda o presidente de Acisa, Francisco Iriarte, indicou que “a dito evento están invitados a asistir as principais autoridades locais”. O xerente de Acisa agradece “ao CCH de Viveiro a súa colaboración na visibilización deste evento, xa que tanto Acisa como a asociación viveirense imos sortear tres entradas a través das nosas redes, así que moi atentos todos e todas a elas”.

I TRIANGULAR ACISA RIBADEO

Francisco Iriarte engadiu que “a pasada fin de semana Acisa colaborou noutro evento deportivo, o I Triangular Acisa, que foi organizado pola SD Ribadeo, á que lles queremos dar as grazas por pensar en nos para este evento, especialmente á súa presidenta”.

“Pouco a pouco recuperamos a normalidade e pouco a pouco pódense celebrar diferentes eventos, que son sen dúbida motor xerador de actividade económica para a nosa vila”. Jesús Pérez foi o encargado de entregar os premios xunto á presidenta da SD Ribadeo, Sandra Nonide.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...