InicioOrientalRibadeoO Concello de Ribadeo denuncia a aparición de gatos mortos por posible...

O Concello de Ribadeo denuncia a aparición de gatos mortos por posible envelenamento

Desde a Concellería de Medio ambiente denuncian este suceso no día que finaliza a campaña de esterilización de gatos da rúa.

Publicada o

- Advertisement -

Trinta gatas e gatos da rúa foron esterilizados polo Concello de Ribadeo, que contou coa colaboración dun grupo de voluntariado e de dúas clínicas veterinarias da vila. O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, subliñou que no vindeiro orzamento municipal se habilitará unha partida para seguir con este  labor.

O edil declarou: “desde a Área de Medio Ambiente queremos facer balance da primeira campaña de esterilización de gatos que viven nas rúas do noso pobo. Investimos 2.000 euros do presuposto municipal e esterilizáronse 30 gatos e gatas”.

Para Díaz Freije “non se chegaría a conseguir isto se non fora por un grupo de voluntarios que se creou, traballaron moi ben porque están moi implicados e coordinados para facer esta labor. Tamén é de agradecer a colaboración das clínicas veterinarias Anima Mundi e Occidente”.

O concelleiro de Medio Ambiente contou que “actuouse en moitos puntos do concello, concretamente en sete zonas, e seguiremos traballando nese sentido e abriremos algún punto máis. Incluso temos pensado poñer ao cargo desas zonas a alguén que lles dea de comer aos gatos e gatas nesas localización, e así evitar problemas coa Policía Local e cos veciños”.

Jorge Díaz anunciou que “agora vamos solicitar unha subvención que concede a Xunta para estas campañas de esterilización e esperamos que aporte algo. E no vindeiro orzamento municipal seguiremos con este compromiso e queremos, aparte da partida para esterilización, incluír outra para comida, co fin de que os voluntarios non teña que aportala, aínda que nunca tiveron problema en mercar a comida para estes animais que viven na rúa”.

DENUNCIA

O edil ribadense contou que “estes días estamos moi afectados porque están a aparecer nunha zona do concello, nos arredores da rúa Deputación, gatos mortos por posible envelenamento. Estamos totalmente en contra deste tipo de comportamentos e farémoslles fronte coas autoridades competentes para intentar dar cos autores destes actos que repudiamos”. O voluntariado que colabora coa campaña de esterilización en Ribadeo xa informou do acontecido no cuartel da Garda Civil.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...