InicioOrientalRibadeoRibadeo asina as subvencións para asociacións educativas e culturais

Ribadeo asina as subvencións para asociacións educativas e culturais

O alcalde ribadense, Fernando Suárez, declarou que investir en cultura non é un gasto.

Publicada o

- Advertisement -

O salón de plenos do Concello acolleu o acto de firma dos convenios das subvencións nominativas concedidas a 12 asociacións educativas e culturais de Ribadeo neste ano 2021. O montante ascende a máis de 28.000 euros. Asistiron o alcalde, Fernando Suárez, e a concelleira de Cultura, Pilar Otero.

O rexedor subliñou que “son en total uns 28.650 euros de diñeiro público que o damos gustosamente porque as actividades que facedes nos eidos cultural e educativo parécennos moi importantes“. Encada orzamento consígnase no apartado de gastos “porque nos parece un investimento: investir en cultura e educación é sempre un investimento, non un gasto”.

A edil de Cultura dixo que “desde Cultura sempre apoiamos calquera acción que nos propoñades, tamén a nivel económico”. A concelleira tamén falou do apoio loxístico que tamén son cartos “porque hai persoas que están aí traballando e teñen as súas horas, que hai que pagarlles, ademais de espazos e incluso apoio económico para outras actividades que ás veces desenvolvedes fóra da subvención”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...