InicioOrientalRibadeoRibadeo pide á Xunta que inclúa o seu casco histórico no plan...

Ribadeo pide á Xunta que inclúa o seu casco histórico no plan Rexurbe

Ademais disto, o Concello tamén pedirá ao goberno autonómico a non supresión total ou parcial do Ensino Secundario para Adultos e tamén se aprobou unha moción de apoio aos traballadores de Vestas.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, contou que “lle solicitaremos á Xunta a incorporación do conxunto histórico ao plan Rexurbe, no que pretendemos facer aínda máis actuacións en puntos degradados”. Suárez destacou queestes puntos precisan non só unha acción dos particulares propietarios senón das administracións como pode ser a Xunta máis o Concello.

Tamén se abrirá un novo prazo para pedir axudas destinadas á rehabilitación dos cascos vellos de Ribadeo e de Rinlo. En concreto, sobre Rinlo “aprobamos tamén iniciar os trámites de expropiación dun terreo que xa se contemplaba no vixente plan xeral de urbanismo para ser convertido en aparcamento público”.

Sobre o ensino secundario para adultos, Fernando Suárez destacou que “as estatísticas dos últimos anos están aí, se ben ao principio dos cursos académicos non hai moita xente, a medida que o curso avanza máis persoas se van incorporando”

Suárez Barcia manifestou que “ademais neste pleno, aprobamos a moción de apoio aos traballadores de Vestas en Viveiro con chamada de atención aos gobernos da Xunta e máis do Estado para que se apliquen a fondo nas súas competencias“. Suárez incidiu en que se debe evitar que empresas que dan beneficios en sectores punteiros poidan alegremente pechar e deixar a centos de familias tiradas.

MOCIÓNS: LOBOS E PEAXES FUTURAS

O alcalde engadiu: “finalmente, tratamos unha moción do PP sobre o lobo onde lles fomos explicando o demagóxico da súa posición, pois entendendo desde logo que a orde ministerial que hai pouco se aprobou non vai crear un problema que xa existe en Galicia desde hai anos”. Segundo Suárez, o único que pretende o PP é canalizar as queixas dos gandeiros para tapar as vergoñas políticas da Xunta e da súa falta de actuación, de financiamento de programas durante estes anos de goberno do señor Feijoo.

Tamén se aprobou unha moción do BNG para demandar do Estado que “non estamos dispostos a que se establezan peaxes futuras polas autovías xa existentes como polas longamente demandadas e nunca construídas” en referencia á de Barreiros-San Cibrao.

PLENO EXTRAORDINARIO

Fernando Suárez explicou que “neste pleno, que foi só declarativo de intencionalidade política, que non resolutiva de ningún acordo”. Así, o alcalde ribadense declarou que “se a Xunta de Galicia quere investir aquí ten dúas vías, como en calquera outro Concello do país, ben a través das subvencións que convoca e ás que os Concellos nos podemos acoller, ou ben coa sinatura de convenios extraordinarios”.

O alcalde lembrou que “no tocante á primeira posibilidade dicir que si o fixemos, exactamente para pedir axuda para arranxar as escolas de Covelas de Rinlo, foi hai un ano”, proposta rexeitada pola Xunta. “O que fixemos posteriormente, despois desta negativa da Xunta, no caso de Covelas foi consignar o seu amaño nos orzamentos que aprobamos a principios deste ano, e no caso da escola de Rinlo pedimos, antes do verán, un convenio extraordinario coa Deputación de Lugo”, que foi concedido hai semanas e asinado o pasado luns .

A segunda posibilidade de que a Xunta financie a Ribadeo é a través de convenios extraordinarios pois man aberta, “pero non para dar labazadas como moitas veces eles fan connosco”. Como exemplo está a residencia nova, “acabámolo de sufrir agora na rúa da Estación onde, despois de asegurárnolo, acabaron por non poñer un cétimo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...