Os produtos da horta de Ribadeo terán a súa festa o dez de outubro

A festa dos produtos da hora celebrarase o 10 de outubro e pechará a tempada de Mercados dos Domingos.


A Área de Desenvolvemento Local organiza a 18 Festa dos Produtores da Horta que se celebrará o 10 de outubro e coa que rematarán por este ano os Mercados dos Domingos. Haberá esfollada do millo, prensada e elaboración de zume de mazá, música e tapiñas elaboradas con produtos da horta nos bares da contorna.

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, anunciou que “dende primeira hora deste domingo, 10 de outubro, van ter lugar as diferentes actividades programadas na contorna da praza de abastos”.

O edil ribadense relatou que “arredor das once e media dará comezo a esfollada do millo, un obradoiro de disfraces e bonecos tradicionais para os máis pequenos da casa e tamén para as familias”. Para as doce está programada unha prensada e elaboración de zume de mazá e en torno á unha da tarde todos os asistentes poderán desfrutar dun evento musical da man do grupo de falapandereita Erikas e Peluxías. O domingo poderase gozar das tapiñas e dos petiscos elaborados con produtos da horta nos locais de hostalería da contorna da praza de abastos.

O concelleiro de Desenvolvemento Local subliñou que “o balance que podemos facer é totalmente positivo porque acadamos o obxectivo de achegar os produtos de proximidade aos consumidores“, facendo fincapé na súa importancia para a alimentación individual e tamén como motor do desenvolvemento económico de Ribadeo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here