InicioOrientalRibadeoRibadeo introduce a iluminación LED no pavillón de deportes Alfredo Deaño

Ribadeo introduce a iluminación LED no pavillón de deportes Alfredo Deaño

Esta actuación suporá un importante aforro económico para o Concello e tamén para as instalacións deportivas.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo cambiou a iluminación do pavillón de Alfredo Deaño. O investimento ascendeu a 2.000 euros. Os 24 focos de 400 vatios cos que contaba a instalación foron cambiados por outras 24 luminarias led de 100 vatios. O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, subliña o aforro económico e enerxético que vai supoñer esta mellora.

O edil ribadense explicou que “procedemos ao cambio da iluminación principal do pavillón pequeno de Alfredo Deaño, da iluminación da pista. Componse de 24 focos que estaban anticuados e eran de 400 vatios, entón consumían bastante e ao longo do tempo fóronse fundindo e deteriorando”.

Jorge Díaz Freije dixo que mm O concelleiro sinalou tamén que se trata dun compoñente máis para o aforro tanto enerxético como económico para o Concello, pois é menos da metade de potencia necesaria para alumear o pavillón. O importe total destas luminarias está arredor dos 2.000 euros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...