InicioOrientalRibadeoMelloras na sinalización comercial e turística de ACISA Ribadeo

Melloras na sinalización comercial e turística de ACISA Ribadeo

Publicada o

- Advertisement -

Os traballos de mellora e renovación da sinalización comercial e turística de Acisa Ribadeo xa deron comezo. Así o anunciou o xerente e portavoz da patronal ribadense, Jesús Pérez, xunto con Carmen Cruzado, membro da directiva de Acisa.

Pérez explicou que “esta semana comezaron os traballos de mellora e renovación da sinalización comercial e turística da vila. A primeira fase xa está case completada, procedeuse ao arranxo e renovado tanto das estrutura coma da información que contiñan os paneis de benvida”.

As tarefas supuxeron un importante traballo despois de preto de 15 anos sen seren tocados. Os dous elementos xa renovados sitúanse na entrada da rotonda do Xardín e na entrada pola estación de autobuses. Esta fase rematará coa instalación doutro panel na entrada pola estrada da Veiga, preto da Casa das Algas.

O xerente e portavoz de Acisa indicou que “a segunda fase comezará a semana que ven co arranxo e substitución das 5 marquesiñas situadas en diferentes puntos da vila e coa instalación de dúas novas, ampliando así os puntos de información turística e comercial permanentes”.

A terceira fase prevese comezala o 22 de novembro, coa retirada de todos os sinais identificativas de Acisa, que polo paso do tempo puideron quedar desactualizadas ou colocadas en locais xa pechados ou que non son socios, para na seguinte semana colocar os novos só nos establecementos asociados. “Agardamos que todos estes traballos estean rematados o 3 de decembro”.

Pola súa banda Carmen Cruzado dixo que neste proxecto hai dúas liñas fundamentais de traballo, o cambio de formato na información turística, “pasando do tradicional mapa e listado de socios a un sistema moito mais moderno, dixital coma é o QR-WEB, en segundo lugar, seguir promocionando Ribadeo como vila destacada no paso de Camiño de Santiago”.

Cruzado sinalou que “este proxecto está financiado con 17.000 euros concedidos polo Concello de Ribadeo, grazas á firma do convenio extraordinario hai unhas semanas”. Cruzado tamén declarou que para Acisa Ribadeo é un dos principais logros deste ano poder levar a cabo toda esta mellora na sinalización comercial e turística.

SOLETES NA GUÍA REPSOL 2021

Acisa Ribadeo felicita ao restaurante A Cofradía de Rinlo e á cafetería Mareta, que veñen de obter o recoñecemento Solete na guía Repsol: “unha distinción que lles outorgan pola súa cociña honesta, prezos asequibles e ambiente que engancha. Estamos diante dunha mostra máis da excelencia hostaleira e gastronómica de Ribadeo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...