Avanzan as obras na rúa Virxe Branca na poboación de Rinlo en Ribadeo

A concelleira de Obras, Mónica Freire, declarou que “as obras que xa se iniciaron hai uns días e están indo a bo ritmo. Contamos que queden rematadas no prazo de 2 a 3 semanas”.


O alcalde, Fernando Suárez, e a concelleira de Obras, Mónica Freire, supervisaron esta mañá os traballos de mellora que se están a acometer na rúa Virxe Branca, de Rinlo. O investimento ascende a 47.000 euros.

A edil ribadense explicou que “hoxe estivemos supervisando os traballos na rúa Virxe Branca, de Rinlo, obras que xa se iniciaron hai uns días e están indo a bo ritmo. Contamos que queden rematados no prazo de 2 a 3 semanas”.

Mónica Freire subliñou que “o investimento total ascende a máis de 47.000 euros e estas actuacións están dentro das levadas a cabo na Área de Rehabilitación Integral deste núcleo”.

A concelleira de Obras contou que “son traballos de pavimentación, imos colocar unha soleira nova de formigón desactivado ao longo de toda a rúa, e tamén cambiar as luminarias existentes por outras con mellor eficiencia enerxética”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here