InicioM.ambiente e PatrimonioAsturias "convencida dos seus argumentos" no cambio oficial do nome da ría...

Asturias “convencida dos seus argumentos” no cambio oficial do nome da ría de Ribadeo

Publicada o

- Advertisement -

A Consejería de Cultura, Política Lingüística y Turismo de Asturias mostrouse este mércores convencida da “razón dos seus argumentos” e “do rigor e fortaleza dos traballos para que se recoñeza o topónimo Ría do Eo”, ante o anuncio do Executivo galego de recorrelo.

Instituto Geográfico Nacional (IGN) aceptou hai semanas este topónimo como nome alternativo e co mesmo nivel de oficialidade e uso que o de Ría de Ribadeo, co que se identificaba fóra de Asturias ao estuario no que desemboca o río Eo e que separa Asturias de Galicia.

Un recoñecemento que se produciu despois da petición cursada pola Consejería para oficializar este topónimo, de uso maioritario en Asturias. Con todo, este mércores o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que a Xunta de Galicia recorrerá esta decisión.

Feijóo confirmou esta decisión nunha carta ao alcalde de Ribadeo (Lugo), Fernando Suárez, e lembra que o Goberno galego apoiou varias iniciativas defendendo o nome de Ría de Ribadeo como única forma validada, ao contar co aval de expertos.

Nese sentido, Feijóo asegurou compartir o “malestar” do rexedor de Ribadeo pola resolución e informou de que a Xunta presentará un recurso ante o Instituto Geográfico Nacional para que se reconsidere esta resolución. Ademais, apelou a outras institucións que non compartan esa decisión para que se somen ao recurso para facer máis forza na reclamación.

Fontes da Consejeríde Cultura de Asturias aseguraron que a Xunta de Galicia ten “todo o dereito do mundo a presentar os recursos que considere”. Con todo, as mesmas fontes sinalaron que desde o departamento que dirixe Berta Piñán están convencidos da “razón dos seus argumentos e do rigor e fortaleza dos traballos que se elaboraron, tal como xa aceptou o Instituto Geográfico Nacional”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...