O alcalde de Ribadeo participou na sinatura dos novos convenios para rehabilitación de vivendas

Todas aquelas persoas que estean interesadas poden obter máis información na Oficina de Rehabilitación no Concello de Ribadeo. Serán vivendas que estean dentro das zonas ARIS e o proxecto contará con 900.000 euros.

16,45 h.- A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, asinarán con 22 concellos os convenios de 2021 para actuacións nas áreas de rehabilitación integral. foto xoán crespo 01/12/2021

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, participou en Santiago na sinatura dos novos convenios para a rehabilitación de vivendas e espazos urbanos nas áreas de rehabilitación de Ribadeo e de Rinlo para o período 2022-2024. O investimento total ascenderá a 900.000 euros.

O rexedor manifestou que “concretamente para este novo período, 2022-2024, no casco vello de Ribadeo o convenio contempla a rehabilitación de 18 vivendas, e para Rinlo contémplanse a rehabilitación de 8 vivendas”. Estas axudas aos particulares que o desexen son sufragadas polo Estado e máis pola Xunta que tamén n van acompañadas de axudas ao Concello para rehabilitar rúas e espazos públicos nestes ámbitos. E nestes casos o compromiso de axudas son aportadas entre o Ministerio e máis o Concello de Ribadeo.

Suárez Barcia explicou que “concretamente no convenio de Rinlo o investimento en Rinlo das administracións e dos particulares ascende a 290.000 euros, dos cales o Ministerio pon o 32%, o Concello o 29% e a Xunta o 8%”. No caso do convenio de Ribadeo, que é o máis grande, o investimento ascende a 610.000 euros, dos cales o Ministerio pon o 34%, o Concello 24% e a Xunta o 9%.

O alcalde engadiu que “as porcentaxes e os límites de axudas para a rehabilitación varían en función do tipo de obras a executar e da renda familiar dispoñible”. Dentro destas accións entran as rehabilitacións estruturais, en exteriores, en cubertas, en fachadas, en carpinterías, así como outras máis interiores como calefacción e fontanaría. “Todas aquelas persoas que estean interesadas poden obter máis información na Oficina de Rehabilitación que temos no Concello de Ribadeo”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here