InicioOrientalRibadeoA Escola de Música e Danza de Ribadeo non celebrará o seu...

A Escola de Música e Danza de Ribadeo non celebrará o seu festival de Nadal de maneira presencial

O día 21 de decembro publicarase tanto na páxina web da EMMeD coma nas redes sociais, un festival virtual que diferentes especialidades gravarán ao longo desta semana.

Publicada o

- Advertisement -

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo porá fin a este primeiro trimestre cunha actuación diferente debido á situación sanitaria actual.

Desde a EMMeD explican que “se decidiu, por precaución e responsabilidade, non celebrar o tradicional Festival de Nadal de xeito presencial. A sabendas de que este festival, xunto co de fin de curso, son os que máis éxito teñen tanto entre o alumnado coma entre o público, publicarase o día 21 de decembro tanto na páxina web da EMMeD coma nas redes sociais, un festival virtual que diferentes especialidades gravarán ao longo desta semana”.

Desde a Escola “queremos agradecer a toda a comunidade educativa o comportamento exemplar no centro, cumprindo estritamente todas as normas indicadas nos protocolos. Así mesmo, resaltar unha vez máis, o apoio incondicional que desde a Concellaría de Ensino se brinda á EMMeD”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...