InicioM.ambiente e PatrimonioOPINIÓN: Seis de xaneiro en Illa Pancha

OPINIÓN: Seis de xaneiro en Illa Pancha

Publicada o

- Advertisement -

Covadonga Suárez, presidenta da AA.VV. Por Nuestro Faro

A semana pasada a Valedora do Pobo remitía a Por Nuestro Faro as respostas a preguntas que esta asociación formulara ao Concello de Ribadeo hai 8 meses. Desde aquí agradecemos á Valedora do Pobo o seu labor, porque sen ela o dereito á transparencia non existiría neste concello. Tamén llo fixemos saber por escrito noutro correo que presentamos na súa sede electrónica, un correo onde lle pedimos que profunde nas súas investigacións dado que o Concello de Ribadeo, a pesar de responder á queixa, non responde a ningunha pregunta. Simplemente dedícase a esquivalas elaborando respostas anecdóticas.

Na súa resposta nada se di sobre o acceso libre á illa. Nada se sabe sobre o horario real/legal de apertura agora que a cafetaría case nunca abre. Nin sabemos como se aplicou a lei de Costas. Nada se explica sobre o proxecto presentado, autorizacións, etc, que son utilizados de resposta a todas as preguntas. Nin se menciona o Estudo de Impacto Ambiental, esixido polo Defensor do Poboo anos ha, do que nunca nada máis se soubo.

Tamén se evita a mínima información sobre a nova fosa séptica, aínda sen legalizar. O Concello limítase a dicir que todo está en orde dando por feito unha fe cega por parte dos membros de Por Nuestro Faro e do resto da cidadanía. A única información que se pode sacar en limpo é a través desta declaración, que fai alusión á licenza de actividade da cafetaría:

« Non existe licenza. O título habilitante é a comunicación previa que está presentada coa documentación oportuna e pendente de formular a acta de inspección municipal. »

Para entendernos, a licenza foi substituída polo que se chama «comunicación previa», unha especie de declaración por parte da empresa promotora destinada a certificar que todo está en regra. Constatamos, polas últimas palabras que, 5 meses despois, aínda non houbo a inspección municipal que debe verificalo. É dicir, que en pleno agosto (data de apertura da cafetaría) aquilo debía parecer un 6 de xaneiro, día en que algún neno di portarse ben para levar un agasallo mentres os pais deciden facer a vista gorda para non estragarlle a festa. O que en 2015 era un agasallo para Ribadeo, vaia.

Pero non só iso. É dramático que o único que sacásemos en limpo sexa unha contradición flagrante. O tremendo de informar é que ás veces se saben cousas :

« Todas as obras se axustan ao proxecto técnico presentado. »

Pero como poden ser iso posible se se afirmou máis arriba que aínda non existía a acta de inspección municipal?

Non hai máis preguntas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...