InicioOrientalRibadeoConcello de Ribadeo e ACISA buscan estratexias de promoción coa vista posta...

Concello de Ribadeo e ACISA buscan estratexias de promoción coa vista posta en FITUR 2022

Técnicos e representantes presentarán Ribadeo como destino turístico de gran relevancia ante axencias de viaxes e os diferentes profesionais asistentes a feira.

Publicada o

- Advertisement -

Concello de Ribadeo e Acisa mantiveron nas últimas horas unha xuntanza para abordar os próximos meses de traballo conxunto en diferentes actuacións relativas ao comercio á hostalería e ao turismo. No encontro participaron o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Turismo e Comercio, Pablo Vizoso, a técnica de Turismo, Begoña García, a concelleira de Cultura, Pilar Otero, o presidente de Acisa, Francisco Iriarte, e o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez.

Segundo informan o encontro de traballo entre ambas entidades buscaba abordar a axenda dos próximos meses, relativa ás diferentes accións de comercio, hostalería e turismo que se prevé desenvolver.

De forma inmediata anuncian a presenza de Ribadeo en Fitur, cunha delegación conformada por representantes do Concello de Ribadeo e de Acisa, que manterá unha ampla axenda de reunións nos próximos dous días, nos que os técnicos e representantes ribadenses se encargarán de promocionar Ribadeo como destino turístico de gran relevancia, ante axencias de viaxes e os diferentes profesionais asistentes a fería.

Concello e Acisa comezaron os contactos sobre a elaboración do novo convenio anual de colaboración para unha futura firma do mesmo, que permitirá a asociación de comerciantes ribadense, a través do financiamento municipal, desenvolver un gran numero de actuacións de dinamización.

A este respecto, tanto Acisa como o Concello destacan o compromiso e a intención para a realización do mellor Ribadeo Indiano posible neste 2022, sempre que as circunstancias o permitan e adaptado ás mesmas. Ambas entidades teñen consignado presuposto para dito evento e amosan o seu desexo de que neste novo ano se poida celebrar, polo que nas vindeiras semanas comezarán os primeiros contactos ao respecto.

Concello e Acisa reafirman a súa intención de traballar cóbado con cóbado durante este 2022, co fin de promocionar Ribadeo como destino turístico singular e dinamizar o seu comercio e a súa hostalería.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...