O Cine Teatro de Ribadeo acollerá unha proxección cinematográfica para alumnos de 4º e 5º de primaria

Será o 22 de febreiro ás 12:00 coa colaboración da cooperativa cutural Numax.

Interior do Cine Teatro de Ribadeo. AXM

O vindeiro martes, 22 de febreiro, proxectarase no Cine Teatro de Ribadeo ás 12:00 horas a película Solán e Eri , Misión á Lúa.

Esta actividade programada pola Concellaría de Igualdade, Ensino e Mocidade realízase a través de Numax e inclúe a proxección en pantalla grande acompañada de materiais didácticos específicos que permiten o desenvolvemento dos eixos artísticos e educativos contidos por cada obra. Xa foi repartido un dossier para cada participante.

Nesta ocasión, a película elixida conta como Solan e Eri embarcan nunha aventura espacial para dar o segundo paso sobre a Lúa. É unha película chea de detalles imaxinativos que pon en valor a amizade e camaradería dos protagonistas.

Á proxección asistirán rapazas e rapaces de 4º e 5º de Primaria do Colexio Sagrado Corazón e 4º do Colexio Gregorio Sanz.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here