A charla-coloquio da rapeira Miss Raisa congregou máis de 250 mozos e mozas de Ribadeo

A concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, anunciaba tamén hai uns días que “así mesmo o Concello participará no acto organizado pola plataforma Galegas 8M que este ano se celebrará en Barreiros ás 20:00 horas, ao que convidamos a asistir”.


Hoxe seguiron os actos organizados pola Concellaría de Igualdade para celebrar o Día Internacional das Mulleres.

Dentro do programa O Concello cos Coles, este luns estivo en Ribadeo a coñecida rapera Miss Raisa. Un total de 255 rapaces e rapazas do CIFP Porta da Auga, do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo e do colexio Sagrado Corazón asistiron a esta actividade denominada Miss Raisa, unha mirada desde dentro para derrubar prexuízos. Consistiu nunha charla-coloquio-showcase. Raisa, muller de orixe marroquí, falou de distintas temáticas que lle tocan de moi preto, tales como o racismo, a desigualdade de oportunidades e a liberdade de expresión, rompendo estereotipos e visibilizando certos aspectos que vive no seu día a día. Miss Raisa cantou acompañada de Mackiu, estreita colaboradora súa.

Os actos conmemorativos do 8 de marzo seguirán mañá, martes, ás 18:00 horas na rúa Rodríguez Murias, onde en colaboración co CIFP Porta da Auga, terá lugar a inauguración da exposición de fotos feitas por Xesús Varela nese centro, que se poderá ver ata o 12 de marzo. Co título A Educación: a porta para o cambio social mostra as diferentes familias profesionais que se imparten no CIFP Porta da Auga e cal é a representación das mulleres nelas. O obxectivo é visibilizar á muller sen caer en estereotipos nin imaxes caducas: en defender a libre elección sen prexuízos, sen medos, porque sen cambio non hai futuro.

A concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, anunciaba tamén hai uns días que “así mesmo o Concello participará no acto organizado pola plataforma Galegas 8M que este ano se celebrará en Barreiros ás 20:00 horas, ao que convidamos a asistir”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here