InicioOrientalRibadeoA exposición 'A Educación: a porta para o cambio social' estará aberta...

A exposición ‘A Educación: a porta para o cambio social’ estará aberta en Ribadeo ata o 12 de marzo

Trátase de visibilizar á muller sen caer en estereotipos nin imaxes caducas: en defender a libre elección sen prexuízos, sen medos, “porque sen cambio non hai futuro”, dixo Mariluz Álvarez Lastra.

Publicada o

- Advertisement -

A exposición A Educación: a porta para o cambio social permanecerá aberta ata o 12 de marzo na rúa Rodríguez Murias en Ribadeo. A mostra, inaugurada a tarde deste martes, foi organizada polo Concello en colaboración co CIFP Porta da Auga.

A exposición recolle en imaxes do profesor Xesús Varela as diferentes familias profesionais que se imparten no CIFP Porta da Auga e cal é a representación das mulleres nelas. Trátase de visibilizar á muller sen caer en estereotipos nin imaxes caducas: en defender a libre elección sen prexuízos, sen medos, “porque sen cambio non hai futuro”, dixo Mariluz Álvarez Lastra.

No acto de inauguración interviñeron o autor das fotografías, a xefa de estudos do CIFP Porta da Auga, Leticia López, e a concelleira de Igualdade. Álvarez Lastra referiuse “á conmemoración do 8 de marzo para concienciar sobre a necesidade de igualdade real e efectiva, para reivindicar dereitos e liberdades, para rachar cos estereotipos e visibilizar certos aspectos que mulleres viven no día a día…”. Lembrou actividades pasadas como a gala Coidémonos de 2019 ou a inauguración da escultura O poder dentro de min na praza 8 de marzo o pasado ano.

Leticia López aludiu á presenza das mulleres nos diferentes ciclos que se imparten no CIFP Porta da Auga: “en administración e xestión das 172 persoas matriculadas o 72% son mulleres; en servizos socioculturais e á comunidade das 74 persoas matriculadas o 92% son mulleres; no caso de transporte e mantemento de vehículos das 121 persoas matriculadas so o 5% son mulleres; en edificación e obra civil de 10 alumnxs o 50% son mulleres; e en electricidade e electrónica de 29 alumnxs o 14% son mulleres”.

Mariluz Álvarez Lastra tivo palabras de apoio e recordo para as mulleres ucraínas que estes días sofren o terror da guerra nese país e vense obrigadas a abandonar os seus fogares xunto ás súas crianzas.

Asistiron á inauguración da exposición na rúa Rodríguez Murias alumnado e profesorado do CIFP Porta da Auga, o director do centro, Isidro Berdeal, o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, veciñas e veciños de Ribadeo e concelleiros da Corporación Municipal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...